Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

 IMG-20161217-WA0006

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

           Parte da Xunta Directiva actual, renovada o 12 de decembro de 2015

 

A Asociación nace co ánimo de relacionar a Universidade coa sociedade, de fomentar o encontro de antigos compañeiros/as de estudo e de relanzar de novo o vínculo destes antigos alumnos coa Universidade.

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela é unha entidade con personalidade xurdíca propia, privada e sen ánimo de lucro, constituída o 24 de febreiro de 1996.

  

Órganos de goberno e de administración

A Asociación está rexida polos seguintes órganos:

  1. Asamblea Xeral de Socios.
    É o órgano supremo da Asociación e nela participa a totalidade dos membros socios, reuníndose con carácter ordinario unha vez o ano.
     
  2. Xunta Directiva.
    E o órgano executor da Asociación e estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e cinco Vocais. Entre as súas funcións están as de representa-la Asociación, crear comisións e confeccionar balances.

 

Xunta Directiva 2015-2019

Na actualidade está composta por:

1- Presidenta: Benita Silva Hermo
2- Vicepresidenta: Mª Julia Melgar Riol
3- Tesoureiro: Agustín Pena Herva
4- Secretaria: Mª del Mar Fernández Vázquez

Vogais
5- Benigno Amor Barreiro

6- Isabel Aneiros Penedo

7- Francisco R. Durán Villa

8- Manuel Fraga Carou

9- Víctor A. García Dopico

10- Carlos Herrero Latorre

11- Jesús López Romalde

12- Mª Xosé Taibo Mirón

 

O 21 de febreiro de 2015 Benita Silva Hermo foi elixida Presidenta da Xunta Directiva para o mandato 2015-2019, conformada así mesmo por Francisco R. Durán Villa (Vicepresidente), Agustín Pena Herva (Tesoureiro), Mª del Mar Fernández Vázquez (Secretaria) e por cinco vogais: Benigno Amor Barreiro, Margarita Castro Rey, Manuel Fraga Carou, Víctor A. García Dopico e Mª Julia Melgar Riol.

Na Reunión Ordinaria da Xunta Directiva do 30 de novembro de 2015 acordouse renovar a composición desta Xunta Directiva, debido á renuncia de Margarita Castro Rey (como vogal) e de Francisco R. Durán Villa (como vicepresidente), e ampliar ademais o número de vogais, abríndose o prazo correspondente para presentar candidaturas, segundo se recolle no artigo 6º do Capítulo II dos Estatutos.

Na Asamblea Xeral Extraordinaria, celebrada o 12 de decembro de 2015, aprobouse a elección de Mª Julia Melgar Riol, como Vicepresidenta, no lugar de Francisco R. Durán Villa, quen pasou a ser vogal; e de Isabel Aneiros Penedo, Carlos Herrero Latorre, Jesús López Romalde e Mª Xosé Taibo Mirón, como vogais.

 

Consulta as Directivas anteriores e os Estatutos da Asociación

pdf V Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Ano 2010 [pdf - 9 kb][Actualizado: 2/2/12]

pdf IV Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Ano 2008 [pdf - 9 kb][Actualizado: 2/2/12]

pdf III Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Ano 2004 [pdf - 16 kb][Actualizado: 2/2/12]

pdf II Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Ano 2000 [pdf - 14 kb][Actualizado: 2/2/12]

pdf I Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Ano 1996 [pdf - 14 kb][Actualizado: 2/2/12]

pdf ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN [pdf - 95 kb][Actualizado: 23/6/15]

 

 

 

 

 

Contacto
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
alumni@usc.es
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624
 
 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio