Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

Recanto da Saudade

  

     

 

 

Introdución

 A Universidade de Santiago de Compostela, que xa cumpliu o seu 500 aniversario, é unha institución fundamental para a cidade de Compostela. Ambas as dúas evolucionaron conxuntamente colaborando entre elas. Por iso, non se pode concebir a identidade da Universidade sen facer alusión á cidade de Santiago de Compostela, unha urbe cun carácter histórico que marca calquera actividade que transcurra nela. O mesmo sucede á inversa, pois a Universidade e os universitarios proporcionan a Santiago ese aspecto cultural que a rodea.

 Cada ano, miles de estudantes establecen a súa residencia na cidade compostelá, onde desfrutan un dos períodos máis importantes da súa vida e establecen amizades que conservarán para sempre.

 É por iso que unha vez rematado o período de formación dentro da "Alma Mater", os estudantes xa graduados regresan os seus lugares de orixe pero os lazos de amizade forxados perduran no tempo.

Que é o "Recanto da Saudade"?

 É un proxecto ideado polo finado Dr. Sixto Seco e púidose materializar grazas á colaboración do Concello de Santiago e a USC.

 É un espazo verde que acolle os aniversarios, ben sexan Vodas de Prata ou de Ouro, das distintas promocións universitarias. Para iso, colocouse no Campus Sur un monolito de pedra no que se colocará unha praca, doada pola Asociación, como símbolo do regreso á cidade dos antigos compañeiros de cada promoción universitaria.

Deste xeito, este lugar permitirá crear un sentimento e unha unión de por vida, tanto á institución da Universidade como á cidade de Santiago de Compostela.

 

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC conta cun ‘Recanto da Saudade’ en Lugo

2015-04-08 14.46.10

A presidenta da Asociación, Benita Silva Hermo, xunto coa vogal e representante da Asociación na cidade lucense, Julia Melgar Riol, reuníronse o 8 de abril de 2015 co alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e co Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, para propoñerse a creación dun "Recanto da Saudade" no campus lucense. A proposta recibiu unha boa acollida por parte de ambas as institucións que asumirán os custos da compra, acondicionamento e colocación dun monolito de xisto no espazo axardinado da Facultade de Veterinaria lucense, que se tentará inaugurar coincidindo coa celebración das Vodas de Prata da primeira promoción de enxeñeiros agrónomos egresados do campus de Lugo. 

 

 

 

2015-04-08 16.19.44

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_04/noticia_0029.html

Marta Becerra, "Antiguos alumnos de la USC crearán un Recanto de Saudade", El Progreso, "Lugo", "El despertador", 9 abril 2015, p. 9.

  • O Recanto da Saudade
  • O Recanto da Saudade
Contacto
Xestora Técnica
Inés Toca Carús
alumni@usc.es

Horario de oficina
De luns a venres,
9-14 horas

Localización
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624

 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio