Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

XII Premio de Relato Curto

Venres, 15 de setembro de 2017

XII Premio  de Relato Curto

 

Bases da convocatoria

 

  1. O Premio está aberto ao público en xeral, agás os integrantes da Xunta Directiva actual.
 
  1. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en Lingua Galega.
 
  1. O relato terá un máximo de sete folios. Presentarase por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN-A4 e por unha cara, en Times New Roman tamaño 12. Os orixinais que participen no concurso non serán devoltos.
 
  1. Os traballos enviaranse por correo certificado á sede da Asociación de Antigos Alumnos : Casa da Concha, Rúa da Conga, n.º 1, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).
 
  1. Os relatos presentaranse necesariamente baixo un pseudónimo, acompañando a tal fin un sobre pechado, en cuxo exterior figure o pseudónimo e no seu interior unha folla co nome e apelidos, enderezo postal, número de teléfono e dirección de correo electrónico do autor.
 
  1. O prazo de admisión dos traballos estará aberto entre o 15 de setembro e o 15 de novembro de 2017.
 
  1. A Asociación reservarase a facultade de editar as narracións, que quedarán en poder da Asociación, como estime oportuno e sen retribuír os seus autores.
 
  1. O xurado estará composto por persoas entendidas na materia. Este poderá declarar deserto o premio e a súa decisión será inapelable a todos os efectos.
 
  1. O premio terá unha dotación de 500 euros, patrocinada polo Instituto Policlínico La Rosaleda. Entregarase un diploma acreditativo.
 
  1. O feito de presentarse a este concurso supón a aceptación das bases expostas.

  

Convoca

Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela  (Alumni USC)  

 

Patrocina

Instituto Policlínico La Rosaleda

 

Arquivos adxuntos:

Contacto
Xestora Técnica
Inés Toca Carús
alumni@usc.es

Horario de oficina
De luns a venres,
9-14 horas

Localización
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624

 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio