Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

XI Premio de Relato Curto

Luns, 11 de xullo de 2016

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convocou a súa XI edición do Premio de Relato Curto.

Esta edición contou co patrocinio do Instituto Policlínico La Rosaleda.

 

Bases da convocatoria:

1. O Premio está aberto ao público en xeral, agás os integrantes da Xunta Directiva actual.

2. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en Lingua Galega.

3. O relato terá un máximo de sete folios. Presentarase por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN-A4 e por unha cara, en Times New Roman tamaño 12. Os orixinais que participen no concurso non serán devoltos.

4. Os traballos enviaranse por correo certificado á sede da Asociación de Antigos Alumnos : Casa da Concha, Rúa da Conga, n.º 1, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

5. Os relatos presentaranse necesariamente baixo un pseudónimo, acompañando a tal fin un sobre pechado, en cuxo exterior figure o pseudónimo e no seu interior unha folla co nome e apelidos, enderezo postal, número de teléfono e dirección de correo electrónico do autor.

6. O prazo de admisión dos traballos estará aberto entre o 15 de xullo e o 15 de outubro de 2016.

7. A Asociación reservarase a facultade de editar as narracións como estime oportuno, que quedarán en poder da Asociación, sen que os seus autores teñan dereito a compensación económica algunha.

8. O xurado estará composto por persoas entendidas na materia. Este poderá declarar deserto o premio e a súa decisión será inapelable a todos os efectos.

9. O premio terá unha dotación de 500 euros, patrocinado polo Instituto Policlínico La Rosaleda. Entregarase un diploma acreditativo.

10. O feito de presentarse a este concurso supón a aceptación das bases expostas.

  

Concorreron corenta e dous orixinais, validados segundo as bases do XI Premio Relato Curto, dotado con 500 euros – patrocinados polo compostelán Instituto Policlínico La Rosaleda. Debido á calidade dos traballos, o xurado acordou sinalar tres accésits a modo de recoñecemento literario. O fallo do premio fíxose público o sábado 17 de decembro de 2016, no marco da Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono da Asociación, celebrada na residencia universitaria “Monte da Condesa” de Santiago de Compostela.

 
O relato gañador foi " O segredo de Moira ", presentado baixo o pseudónimo “Scientia”, que ao abrir a plica resultou ser da autoría de  María González Blanco, de Cambados (Pontevedra).
 
Primeiro accésit: o relato " Un monólogo para Mrs. Musgrove", presentado baixo o pseudónimo “Nefelibata”, que ao abrir a plica resultou ser da autoría de  Noelia Cendán Teijeiro, de Cospeito (Lugo).
 
Segundo accésit: o relato " piccola violinista", presentado baixo o pseudónimo “Renata Corosone”, que ao abrir a plica resultou ser da autoría de  Montserrat Pis Marcos, de Santiago de Compostela.
 
Terceiro accésit: o relato " Local hero", presentado baixo o pseudónimo “Brabádego”, que ao abrir a plica resultou ser da autoría de  Héctor Cajaraville Araújo.
 
O xurado, que se reuniu o 2 de decembro na sede da Asociación e emitiu o seu fallo por unanimidade, estivo constituído por  Mercedes Brea López, catedrática de Filoloxía Románica,  Juan L. Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, e  Elisa Pérez Vilariño, mestra no colexio público de Abelendo (Moaña-Pontevedra); ademais de  Mar Fernández Vázquez, profesora do IV Ciclo da USC, que actuou en calidade de secretaria con voz pero sen voto.
 
O xurado ponderou a calidade, creatividade e bo facer literario da maioría dos relatos presentados. E do texto gañador subliñou que se trata dunha aposta narrativa arriscada e ben resolta, que engancha e intriga o lector desde o comezo, que se basea nunha ficción imposible (a contemplación da propia vida por parte do home e da muller protagonistas) e na que, se recorre a un sutil emprego da anagnórese (recurso que consiste no recoñecemento ou descubrimento por parte dun personaxe sobre datos esenciais sobre a súa identidade), para achegar verosimilitude a diferentes afectos, entre os que resalta a dualidade amor/desamor.
 

Arquivos adxuntos:

Contacto
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
alumni@usc.es
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624
 
 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio