Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

VI Premio Relato Curto

Martes, 15 de novembro de 2011 AAAA

As integrantes do xurado do VI Premio Relato Curto que organiza a Asociación.

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC outorgou este martes o VI Premio de Relato Curto. O xurado, que presidiu a profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Blanca A. Roig Rechou, estivo integrado pola presidenta da Asociación, Mª do Socorro Ortega Romero, e as profesoras da Universidade da Coruña (UDC) e mais da de Vigo (UV), Marta Neira Rodríguez e Iria Sobrino Freire, respectivamente. Ao remate da deliberación, o xurado puxo de manifesto o interese e esforzo amosado por todos e cada un dos participantes. Un feito que ratifica a necesidade de promover concursos desta índole para achegar a lingua e literatura, tanto galega coma castelá, a toda a sociedade.

Tal e como salientou a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos, Mª do Socorro Ortega Romero, a persoa premiada recibirá unha figuriña da colección “Alba da Groria” de Castelao que realizan, de xeito artesanal, na fábrica de cerámica de Sargadelos. A maiores, o relato gañador será publicado integramente na revista Fonseca, publicación que edita trimestralmente a Asociación de Antigos Alumnos, e 300 euros en metálico.Do mesmo xeito, Ortega Romero resaltou que a participación neste concurso literario estaba aberta a todos e todas as integrantes da Asociación. Así, o texto, de temática libre e inédito, podía presentarse tanto en lingua galega coma en castelán baixo un seudónimo.

Gañador:

Juan F. Beltrán Gutiérrez co relato "Guanabacoa la bella"


Finalistas:

Juan M. Ábalo Castex co relato "Peregrinaje interior"
Víctor A. García Dopico co relato "Os camiños da vida"
Fidel González Deus co relato "O náufrago"  

O xurado destacou que o relato gañador leva a múltiples interpretacións suscitando dúbidas e propoñéndolle preguntas constantes ao lector. Do mesmo xeito, a historia galardoada recrea a emigración galega incorporándolle elementos contemporáneos.

 

Contacto
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
alumni@usc.es
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624
 
 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio