Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

Juan J. Casares Long - Presidente

 

Federación de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas

A Federación de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas é unha agrupación de Asociacións de Antigos Alumnos e/o Amigos, sen ánimo de lucro e de ámbito estatal que goza de personalidade xurídica propia. Esta Federación creada o 24 de xuño do 2003, á que pertence a nosa Asociación, ten como finalidade xuntar esforzos para a consecución dos fins propios de cada entidade a partir de intereses comúns e o intercambio de experiencias.

Obxectivos:

Os obxectivos da Federación son os seguintes:

  • Dar a coñecer á sociedade, en xeral, a realidade das asociacións de antigos alumnos e amigos das universidades españolas.
  • Promover e canalizar a relación e comunicación entre as distintas entidades integrantes, favorecendo a unión e a cooperación entre elas e, con tal carácter, poder expresar a opinión destas no seu caso, en relación aos problemas xerais ou asuntos comúns de ditas entidades, ante os organismos públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
  • Potenciar e articular a vinculación das entidades integrantes coas universidades e organismos que representan.
  • Favorecer a interrelación dos socios e o intercambio de servizos e experiencias.
  • Contribuír ao progreso e desenrolo inicial e fomentar a solidariedade interasociativa.
  • Ser un instrumento de reflexión conxunta, de toma de decisións, a favor do sector, e de voz representativa ante as administracións públicas, autonómicas, estatais e europeas.
  • Impulsar e coordinar iniciativas e proxectos sectoriais que respondan a intereses comúns das entidades membros da Federación.

Actividades:

Para a consecución dos fins e obxectivos, a Federación presta un conxunto de servizos ás asociacións que a integran:

  • Organización de encontros , seminarios, mesas redondas, coloquios e demais reunións análogas, de ámbito nacional ou internacional, sobre temas relativos a actividades propias das entidades non lucrativas, así como participar en reunións que sobre estes temas teñan lugar no estranxeiro.
  • Establecer acordos con entidades públicas ou privadas que beneficien ás partes integrantes da Federación, respectando á autonomía dos membros da mesma.
  • Elaborar e manter actualizado un directorio de entidades de antigos alumnos e/ou amigos das Universidades españolas e levar cantos ficheiros relativos á actividade de tales entidades se xulguen pertinentes.

Máis información:

pdf Ver/Descargar os Órganos de Goberno da Federación de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas así como a súa Xunta Directiva Actual [pdf - 56 kb][Actualizado: 2/2/12]

pdf Ver/Descargar o listado de Asociacións que integran a Federación de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas [pdf - 69 kb][Actualizado: 2/2/12]

 

 

XV Encuentro de Asociaciones de Antiguos Alumnos y Amigos de las Universidades Españolas (La Laguna, Tenerife, 23-24 xuño 2011)

No marco deste encontro de irmandade entre asociacións ubicadas en cidades ou comunidades autónomas con cidades declaradas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, os presidentes das asociacións das universidades de Alcalá de Henares, La Laguna, Santiago de Compostela (Dª Mª do Socorro Ortega Romero, en calidade de presidenta naquela altura da Asociación), Castilla-La Mancha, Córdoba e Illes Balears asinaron a "Declaración de La Laguna" na que se comprometían a "divulgar en nuestras páginas web, y en las redes sociales en las que participemos, las actividades de las ciudades de su Comunidad Autónoma y del Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad en España". 

Ademais de cumprir co compromiso asinado, esta Asociación decidiu así mesmo divulgar a páxina web oficial do Concello de Santiago de Compostela.

logo concello de Santiago

 

 

 

 

 

Contacto
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
alumni@usc.es
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624
 
 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio