Saltar ao contido principal
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

  

 FOTO BENITA 2015

 

Desde o 21 de febreiro de 2015, teño a honra e a responsabilidade de ser a presidenta da oitava xunta directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela. Acompáñanme un equipo de persoas comprometidas a pórse ao servizo desta Asociación con entrega e xenerosidade.

Agardamos poder xuntar de forma eficiente a Asociación, a Universidade de Santiago de Compostela e a sociedade, cunha ollada especial cara ás cidades que albergan os nosos campus, Lugo e Santiago, pero sendo conscientes de que somos a universidade histórica de Galicia.

As nosas prioridades son incrementar o número de socios (de case seiscentas persoas na actualidade), dinamizar a Asociación con novas actividades e reforzar o flanco institucional, sobre todo coa propia Universidade.

Queremos activar un proxecto integrador e participativo que implique o maior número de persoas dispostas a colaborar coa Asociación, así como profundizar en relacións sólidas de cooperación con outras entidades e organizacións, na busca de novas alianzas. En definitiva, afondar nunha necesaria renovación da identidade e misión social desta Asociación para se adaptar aos continuos cambios da sociedade actual.

Convídovos a contactar con nós para compartir, enriquecer e construír xuntos.

Agardámosvos!


Benita Silva Hermo

Presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

 

 

Contacto
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15782-Santiago de Compostela
alumni@usc.es
Tfnos: 981 580 624
881 812 907 
Fax: 981 580 624
 
 

 isotipo-facebook

 

 

 

 logo issuu

 

 Linkedin

 

 

 

 Blog dos asociados

- El compostelano

- Ateneo fotográfico

- Don Manuel Sánchez Salorio